Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 28 de maio de 2012 Páx. 20310

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 4 de maio de 2012, da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, pola que se notifican as resolucións ditadas en expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres e devoltas polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente PO-01013-O-2011 e XC-00570-O-2011).

De conformidade co disposto no artigo 59.5.º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que a seguir se relacionan as resolucións que o subdirector xeral de Inspección de Transportes ditou nos expedientes sancionadores instruídos por infracción da normativa vixente dos transportes terrestres, porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Fáiselles saber que contra a dita resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante o director xeral de Mobilidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula.

As sancións impostas foron aboadas anticipadamente cunha redución do 25% do seu importe na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres.

Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 4 de maio de 2012.

Xosé Lluis Fernández Suárez
Subdirector xeral de Inspección do Transporte

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Persoa sancionada

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción cometida

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

PO-01013-O-2011

M-7865-YT

Garda Civil

3601 Q92637T

Ladicarsa Instalaciones, S.L.

B85922235

Servator, 24, 28043 Madrid

Non levar a bordo do vehículo arrendado o contrato de arrendamento ou copia del ou levalo sen completar.

17.6.2011; 18.40; AP-9; 132

Art. 141.22 LOTT

Art. 198.22 ROTT

Art. 201.1.e) ROTT

Art. 143.1.e) LOTT

1.001

XC-00570-O-2011

MU-9070-AW

Garda Civil

1504 H-74822-F

Martínez y Riquelme, S.A.

A30083265

Brazal Nuevo, 000, 30130 Beniel (Murcia)

Inadecuado funcionamento do limitador de velocidade imputable ao transportista.

3.2.2011; 13.04; AP-9; 0079,500

Art. 141.5 LOTT

Art. 198.5 ROTT

Art. 143.1.f) LOTT

Art. 201.1.f) ROTT

1.501