Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 25 de maio de 2012 Páx. 20002

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Rodeiro

ANUNCIO polo que se fai pública a solicitude de licenza municipal para taller de reparación de vehículos.

Celso González Jorge solicitou desta Alcaldía licenza municipal para acondicionamento e legalización de actividade para taller de reparación de vehículos, situado na estrada xeral, n.º 16, Rodeiro.

En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, en que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días hábiles, co fin de que durante este tempo –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia– poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretenden instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que estimen oportunas.

Rodeiro, 25 de abril de 2012.

Luís López Diéguez
Alcalde