Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 25 de maio de 2012 Páx. 20001

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de información pública (expediente AM/07/12).

T.M.V. Talleres Mecánicos, S.L., solicitou da Alcaldía licenza municipal de acondicionamento e actividade para apertura dun establecemento dedicado a taller de mecanizado de pezas metálicas, sita na Casilla-Atios, desta localidade.

En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días hábiles, co fin de que durante este tempo –que empezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra- poidan examinar o expediente AM/07/12, na sección de urbanismo deste concello, as persoas que dalgún modo se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que estimen oportunas.

O Porriño, 13 de abril de 2012.

José Nelson Santos Argibay
Alcalde