Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 25 de maio de 2012 Páx. 20003

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Saviñao

ANUNCIO polo que se fai pública a solicitude de licenza municipal para construción de balsa de almacenamento de sandach.

María Rodríguez López solicitou licenza municipal para construción de balsa para almacenamento de Sandach, que se situará no polígono 72, parcela 245, na Az-Ousende.

En cumprimento do disposto no Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese á información pública por un prazo de vinte días hábiles, -que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia- para que todas as persoas que se encontren afectadas poidan examinar o expediente na Secretaria deste concello, e formular por escrito as reclamacións ou observacións que estimen oportunas.

O presente anuncio servirá de notificación a todos aqueles estremeiros aos cales non se puidera efectuar a notificación, de conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

O Saviñao, 30 de abril de 2012.

Joaquín González González
Alcalde