Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 25 de maio de 2012 Páx. 19958

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 27 de abril de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Paradela (expediente IN407A 2011/130-2, 7966 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Suplusa.

Domicilio social: pza. S. Domingos, n.º 6-5.º, 27001 Lugo.

Denominación: liña soterrada e C.T. para P.E. de Paradela.

Situación: concello de Paradela.

Características técnicas:

– L.M.T.S. a 20 kV, con orixe nun paso aero-soterrado situado nun apoio proxectado na derivada da liña SAR-805 Sarria-Portomarín e final nunha cela de liña do C.T. proxectado, cunha lonxitude de 167 metros en condutor tipo R.H.Z.1-240 mm.

– C.T. en edificio prefabricado tipo Ormaset, cunha potencia de 630 kVA, no cal se instalan dúas celas de liña e unha de protección, relación de transformación 20.000/400-230 V.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE n.º 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Lugo, 27 de abril de 2012.

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo