Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 25 de maio de 2012 Páx. 19956

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 25 de abril de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Boiro (expediente IN407A 354/2008).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE n.º 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE n.º 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: modificado 2 do proxecto L.M.T., C.T., R.B.T. San Martiño.

Situación: concello de Boiro.

Características técnicas:

– Paso aerosubterráneo, a 20 kV, cunha lonxitude de 0,074 km, con orixe e final no apoio da L.M.T.A. existente entre C.T. Fonte do Seixo (expediente 31408) e o C.T. Boliña (expediente 51503), coa instalación de SXS en apoio frecuentado, condutor tipo LA-110 mm².

– Liña de media tensión subterránea a C.T.C. San Martiño, a 20 kV, cunha lonxitude de 0,684 km, con orixe en apoio que se substituirá entre o C.T. Fonte do Seixo (expediente 31408) e o C.T. Boliña (expediente 51503), condutor tipo R.H.Z.1-2OL-12/20 kV, 3(1×240 Al), e final no C.T.C. San Martiño proxectado.

– Centro de transformación prefabricado, cunha potencia de 250 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

– Saídas de baixa tensión subterráneas do C.T.C. San Martiño, cunha lonxitude de 0,390 km, con orixe no C.T.C. San Martiño, condutor tipo X.Z.1-0,6/1 kV-4×240 Al.

– Liña de baixa tensión aérea, cunha lonxitude de 2,159 km, con orixe na R.B.T.S. de C.T.C. San Martiño, condutor tipo R.Z. e apoios de formigón.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no edificio administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2-2.º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.

A Coruña, 25 de abril de 2012.

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña