Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 25 de maio de 2012 Páx. 19954

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 25 de abril de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Narón (expediente IN407A 281/2009).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE n.º 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE n.º 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: modificado do recuamento L.M.T.S. AC-566 Narón-Campo do Hospital.

Situación: concello de Narón.

Características técnicas: liña eléctrica de media tensión subterránea polígono Río do Pozo CRN716B, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,957 km, con orixe e final na L.M.T.S. polígono Río do Pozo CRN716B, en condutor tipo R.H.Z.1-2OL-12/20 kV 3(1×240) Al.

Liña eléctrica de media tensión subterránea polígono Río do Pozo GRN717B, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,957 km, con orixe e final na L.M.T.S. polígono Río do Pozo CRN717B, en condutor tipo R.H.Z.1-2OL-12/20 kV 3(1×240) Al.

Liña eléctrica de media tensión subterránea polígono Río do Pozo CRN719, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 1,017 km, con orixe e final na L.M.T.S. polígono Río do Pozo CRN719, en condutor tipo R.H.Z.1-2OL-12/20 kV 3(1×240) Al.

Liña eléctrica de media tensión subterránea a C.S Lagoas-Privilege CRN707A, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,439 km, con orixe no C.T. As Lagoas e final na L.M.T.S. Lagoas-Privilege, en condutor tipo R.H.Z.1-2OL-12/20 kV 3(1×240) Al.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no edificio administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2.º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.

A Coruña, 25 de abril de 2012.

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña