Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 25 de maio de 2012 Páx. 19953

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 24 de abril de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Narón (expediente IN407A 57/2012).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE n.º 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE n.º 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: proxecto de L.M.T., C.T. Cadaval, 23.

Situación: concello de Narón.

Características técnicas: liña eléctrica de media tensión subterránea a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,144 km, con orixe en empalmes que se realizarán na L.M.T.S. COR-706 (Cadaval-6), tramo entre C.T. Areosa subterráneo (expediente 308/08) e C.T. Areosa (expediente 526/05) e cela de liña de C.T. Areosa (expediente 526/05), condutor tipo R.H.Z.1-2OL-12/20 kV, 3×240 Al, e final con entrada e saída no C.T. proxectado. Centro de transformación prefabricado, cunha potencia de 400 kVA e unha relación de transformación de 15.000/400-230 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no edificio administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2-2.º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.

A Coruña, 24 de abril de 2012.

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña