Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Xoves, 24 de maio de 2012 Páx. 19848

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ordes

ANUNCIO de aprobación definitiva de modificación do Plan Parcial do Parque Empresarial Merelle, Ordes.

O Pleno do Concello en sesión con data do 26 de abril de 2012, aprobou definitivamente a modificación do Plan Parcial do Parque Empresarial de Merelle, Ordes.

Contra este acordo cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, segundo dispoñen os artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

De conformidade co disposto polos artigos 92 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, e 70 da Lei 7/1985, do 2 de abril, no Boletín Oficial da provincia publicarase a normativa e ordenanzas do plan aprobado definitivamente.

Nesta mesma data remítense á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas dous exemplares do instrumento aprobado definitivamente.

Ordes, 18 de maio de 2012.

Manuel Regos Boquete
Alcalde presidente