Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Xoves, 24 de maio de 2012 Páx. 19847

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Bergondo

ANUNCIO para a concesión de licenza de apertura e funcionamento de planta de procesado de pescado (expediente 2012/047/11).

En cumprimento do disposto no punto 3.º do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública o expedente núm. 2012/047/11 que se tramita a instancia de Manuel Ángel Bellón Baamonde, en representación de Marukei, S.L., para a concesión de licenza de apertura e funcionamento de planta de procesamento de pescado, que se vai instalar en parcela R-24, do polígono industrial de Bergondo, deste termo municipal.

Durante o prazo de vinte días contados a partir do seguinte ao da última publicación deste edicto no Boletín Oficial da provincia ou no Diario Oficial de Galicia, o expediente atópase a disposición do público no Servizo de Urbanismo deste Concello a fin de quen se consideren afectados pola actividade poidan examinalo e deducir, se é o caso, as alegacións ou observacións que teñan por conveniente.

Bergondo, 15 de maio de 2012.

Alejandra Pérez Máquez
Alcaldesa