Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Xoves, 24 de maio de 2012 Páx. 19846

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Baltar

ANUNCIO de información pública sobre construción de nave para ampliación de explotación de polos na estrada de Baltar-Cualedro.

María del Carmen Parada Ramos solicitou licenza de construción de nave para ampliación de explotación de polos, sita na estrada de Baltar-Cualedro, parcelas 282 e 283, polígono 502 e neste concello tramítase expediente de licenza da dita actividade.

Exponse ao público este edicto durante o prazo de vinte (20) días hábiles, que se empezará a contar desde o día seguinte ao da última publicación no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 8.3.º do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental.

Todas as persoas que se consideren afectadas pola actividade poderán examinar o expediente, na Secretaría deste concello, e formular as alegacións ou observacións que consideren oportunas.

Baltar, 2 de maio de 2012.

José Antonio Feijoo Alonso
Alcalde