Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Xoves, 24 de maio de 2012 Páx. 19849

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO polo que se publican as solicitudes de licenzas urbanísticas que se citan (expedientes 38962/422, 38976/422 e 38892/422).

As entidades que se citan solicitaron da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo licenzas urbanísticas para as actividades e nos lugares que a seguir se indican:

1. Solicitante: Ciali, S.L.; actividade: laboratorio de control de calidade de alimentos; situación: Baixada á Gándara, n.º 1, Coruxo; expediente: 38962/422.

2. Solicitante: Comercial Luis Senra Rodríguez, S.L.; actividade: mantemento e almacenaxe de extintores; situación: Camiño Veiguiña, n.º 32, Alcabre; expediente: 38976/422.

3. Solicitante: Yamarco Sport, S.A.; actividade: venda e instalación de pneumáticos, aliñado de dirección e cambio de aceite; situación: Gran Vía, n.º 161; expediente: 38892/422.

De conformidade co artigo 8.3. do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométense os expedientes a información pública por un prazo de vinte días mediante anuncio no DOG, BOP e exposición no taboleiro de anuncios da Xerencia Municipal de Urbanismo, para que quen se considere afectado dalgún xeito pola actividade que se pretende establecer poida alegar o que considere oportuno.

O prazo de información pública entenderase aberto desde o día seguinte ao da publicación do primeiro anuncio e rematará transcorridos vinte días desde o día seguinte ao da publicación do derradeiro anuncio. Os expedientes atópanse á disposición do público en xeral e pódense consultar na oficina de Arquivo e Control da Xerencia Municipal de Urbanismo (planta-1 do edificio da Xerencia, sito na praza do Rei, 4, Vigo).

Vigo, 26 de abril de 2012.

M.ª del Carmen Silva Rego
Concelleira delegada da Área de Urbanismo, Cascos Históricos
e Grandes Proxectos