Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Xoves, 24 de maio de 2012 Páx. 19850

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Deporte Galego

ANUNCIO da convocatoria de axudas a deportistas galegos/as de alto nivel, para a súa preparación deportiva e pola súa clasificación para os Xogos Olímpicos/Paralímpicos de Londres 2012.

Bases: na sede da Fundación Deporte Galego. Estadio Multiúsos de San Lázaro, porta 4. 15781 Santiago de Compostela (A Coruña) ou na páxina web oficial www.deportegalego.es Teléfono: 881 99 98 40. Fax: 881 99 98 42.

Lugar de presentación: a instancia de solicitude e a documentación correspondente presentaranse no Rexistro da Fundación Deporte Galego: Estadio Multiúsos de San Lázaro, Porta 4 (15781 Santiago de Compostela).

Os/as interesados/as poderán tamén presentar as súas instancias mediante correo certificado, nos termos previstos no Real decreto 1829/1999, do 3 de decembro, que aproba o Regulamento dos servizos postais.

Prazo: o prazo de presentación das solicitudes será de 15 días naturais contados desde o seguinte día da publicación do anuncio destas bases no Diario Oficial de Galicia.

Resolución: conforme os criterios establecidos nas bases, o prazo máximo para ditar e notificar aos/ás interesados/as a resolución expresa das axudas será de seis meses a partir do día seguinte ao que remate o prazo de presentación das solicitudes.

Santiago de Compostela, 21 de maio de 2012.

José Ramón Lete Lasa
Presidente da Comisión Permanente