Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Xoves, 24 de maio de 2012 Páx. 19764

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 11 de maio de 2012 pola que se convoca concurso de méritos específico entre persoal funcionario de carreira dos corpos docentes que imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para cubrir postos de persoal docente en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos desta consellería.

O Decreto 244/1999, do 29 de xullo, polo que se regula a cobertura de diversas prazas por persoal funcionario público docente que imparte ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, prevé, no seu artigo 3.2, que as prazas que nel se indican poderán ser cubertas mediante o correspondente concurso específico de méritos e polo prazo que se determine na convocatoria; as devanditas prazas deberán ser provistas a través dun concurso específico de méritos para a súa provisión mediante nomeamento temporal con reserva do posto de traballo de orixe e polo tempo que se estableza na correspondente convocatoria, que en ningún caso poderá exceder máis de seis anos.

Sendo necesaria a provisión de distintas prazas por mor do convenio de colaboración entre o Ministerio de Defensa, o Ministerio de Educación e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Comunidade Autónoma de Galicia, para impartir as ensinanzas de formación profesional de grao superior nos centros docentes militares de formación de suboficiais das forzas armadas, e tendo en conta a habilitación que figura na disposición derradeira primeira do mesmo decreto que autoriza o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para editar as disposicións que sexan precisas para a súa aplicación e desenvolvemento,

É polo que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Artigo 1. Obxecto.

Convocar concurso público de méritos específico entre persoal funcionario de carreira dos corpos docentes que impartan ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para adxudicar, en comisión de servizos, as prazas que figuran no anexo I desta orde.

Artigo 2. Participantes e requisitos.

Poderá participar nesta convocatoria o persoal funcionario de carreira dos corpos docentes que imparte ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, que sexa titular da especialidade correspondente e estea en servizo activo na Comunidade Autónoma de Galicia no curso académico 2011-2012.

Enténdese tamén en situación de servizo activo na Comunidade Autónoma de Galicia en 31 de agosto de 2012 aquel persoal docente que desde un destino definitivo da Comunidade Autónoma de Galicia accedeu a un posto docente no estranxeiro e que debe reincorporarse obrigatoriamente a esta comunidade no próximo curso académico.

Artigo 3. Lugar e prazo de presentación.

O prazo para a presentación de instancias para tomar parte nesta convocatoria, dirixidas ao director xeral de Centros e Recursos Humanos, será de vinte días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e poderán presentarse no Rexistro Único, edificio administrativo San Caetano, nas xefaturas territoriais, ou ben na forma prevista no artigo 38.4 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. No suposto de optar pola presentación da solicitude e demais documentación ante a oficina de Correos, farase en sobre aberto para que a instancia sexa selada e datada polo persoal funcionario de Correos antes de ser certificada.

Unha vez rematado o prazo de presentación de instancias e demais documentación non se admitirá ningunha modificación nas peticións formuladas.

Artigo 4. Solicitude e documentación.

O persoal concursante presentará unha única instancia, acompañada dunha fotocopia desta e unha folla de autobaremación, que aparece como anexo IV e simultaneamente presentará, para a demostración dos méritos, os documentos que se indican no baremo que aparece como anexo II.

Non terán que presentarse aqueles documentos xustificativos de méritos alegados que fosen presentados polos concursantes para completar o seu expediente persoal na aplicación informática a través do enderezo www.edu.xunta.es/datospersoais

As/os concursantes presentarán ademais:

Proxecto de traballo sobre as liñas básicas de actuación para o desenvolvemento das funcións inherentes ao posto que se solicita, tendo en conta as características deste, cunha extensión máxima de 20 folios.

Artigo 5. Comisión de selección.

1. A selección das/os aspirantes será realizada por unha comisión integrada polos seguintes membros:

Presidente: o director xeral de Centros e Recursos Humanos ou persoa en que delegue.

Vogais: ata un máximo de catro vogais, coa categoría de subdirectoras ou subdirectores xerais, xefas ou xefes de servizo da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ou membros da Inspección Educativa.

Unha funcionaria ou funcionario da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que actuará como secretaria ou secretario con voz e sen voto.

2. A comisión de selección poderá solicitar a incorporación aos seus traballos de persoas expertas, que se limitarán a prestar a súa colaboración. Ademais, poderá asistir un representante de cada organización sindical con presenza na mesa sectorial docente non universitaria, con voz e sen voto.

A comisión poderá dispoñer a constitución de subcomisións técnicas para colaborar na valoración daqueles méritos e/ou proxectos de traballo que coiden pertinentes.

Cada un dos sindicatos da Mesa Sectorial Docente poderá nomear unha persoa representante, con voz e sen voto, para a asistencia ás sesións das subcomisións.

3. Para a valoración dos números 1, 2, 3.1 e 3.2 do baremo establecido no anexo II a comisión de selección poderá delegar esta función nunha subcomisión formada por persoal funcionario da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

4. Os membros da comisión e, de ser o caso, da subcomisión, estarán suxeitos ás causas de abstención e recusación establecidas nos artigos 28 e 29 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e terán dereito a percibir asistencias e axudas de custo por concorreren ás sesións, conforme o Decreto 144/2001, do 7 de xuño (DOG do 25 de xuño), modificado polo Decreto 144/2008, do 26 de xuño (DOG do 18 de xullo), que estarán cualificadas na categoría primeira.

Artigo 6. Proposta de nomeamento.

O persoal aspirante que non obteña unha puntuación mínima de 4 puntos no proxecto non poderá ser proposto pola comisión. Será seleccionado o persoal aspirante que, obtendo as puntuacións mínimas sinaladas, obteña as maiores puntuacións no total dos puntos recollidos no baremo establecido no anexo II, para a praza que solicita.

No caso de se produciren empates no total das puntuacións outorgadas, estes resolveranse atendendo sucesivamente e por esta orde á maior puntuación nos números 4, 1, 3.3, 3.1, 3.2 e 2.

Unha vez realizado todo o proceso anterior, a comisión de selección proporá ao conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a adxudicación dos postos, que será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia, e pola que se entenderá notificado, para todos os efectos, o persoal concursante a que afecte. Contra esta resolución poderase interpoñer potestativamente recurso de reposición perante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación. De non considerar oportuna a interposición do citado recurso, poderase formular directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme se establece na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Artigo 7. Resolución da convocatoria.

A resolución da convocatoria será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia, e por ela entenderanse notificadas, para todos os efectos, as persoas concursantes a que afecte.

O prazo máximo para notificar a resolución deste procedemento será de seis meses, contado desde o día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, e a falta de resolución expresa nese período terá efectos desestimatorios.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Artigo 8. Toma de posesión.

O persoal seleccionado deberá incorporarse ás prazas obtidas con data do 1 de setembro de 2012, e cesará no seu destino de procedencia o 31 de agosto do mesmo ano.

As prazas adxudicadas serano en comisión de servizos, por un período dun ano prorrogable, e un máximo de seis e con reserva do posto de traballo de orixe, de acordo co disposto no punto 2 do artigo 3 do Decreto 244/1999, do 29 de xullo.

Artigo 9. Réxime do persoal docente.

1. O persoal docente adxudicatario destas prazas estará suxeito aos dereitos e obrigas do persoal docente dos centros educativos de formación profesional de titularidade da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. O persoal docente deberá adaptarse ás normas de réxime interior que rexen nos centros militares, especialmente ás referidas á seguridade destas.

3. O currículo dos ciclos formativos que se imparten será o establecido polo Ministerio de Educación.

Disposición derradeira primeira.

Autorízase a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos para ditar as disposicións que sexan necesarias para a aplicación e desenvolvemento desta orde.

Disposición derradeira segunda.

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de maio de 2012.

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I

Escola de especialidades Antonio de Escaño-Ferrol (A Coruña):

Corpo

Código

Especialidade

Código

N.º de prazas

Profesores de ensino secundario

590

Inglés

011

1

Profesores de ensino secundario

590

Sistemas electrónicos

124

3

Profesores de ensino secundario

590

Navegacións e instalacións mariñas

109

1

Profesores técnicos de formación profesional

591

Equipos electrónicos

202

2

Profesores técnicos de formación profesional

591

Máquinas, servizos e produción

210

2

Escola de especialidades fundamentais da Estación Naval da Graña-Ferrol (A Coruña):

Corpo

Código

Especialidade

Código

N.º de prazas

Profesores de ensino secundario

590

Inglés

011

1

Profesores de ensino secundario

590

Administración de empresas

101

1

Profesores de ensino secundario

590

Hostalaría e turismo

106

1

Profesores de ensino secundario

590

Navegacións e instalacións mariñas

109

1

Profesores técnicos de formación profesional

591

Cociña e pastelaría

201

1

Profesores técnicos de formación profesional

591

Procesos de xestión administrativa

222

1

ANEXO II

Conceptos

Puntuación

Documentos xustificativos

1. Antigüidade (máximo 5 puntos):

Por cada ano de servizo como funcionaria/o de carreira. Para estes efectos computaranse os servizos docentes previos recoñecidos conforme a Lei 70/1978.

0,50 puntos

Folla de servizos asinada polo organismo competente.

2. Méritos académicos (máximo 2 puntos):

2.1. Polo título de doutora/doutor.

1 punto

Copia compulsada das titulacións alegadas.

2.2. Titulacións de segundo ciclo: por cada licenciatura, enxeñaría, arquitectura ou títulos declarados legalmente equivalentes.

0,5 puntos

2.3. Titulacións de primeiro ciclo: pola segunda diplomatura ou os 3 primeiros cursos dunha licenciatura.

0,25 puntos

3. Formación e perfeccionamento (máximo 6 puntos):

3.1. Por cursos superados que teñan por obxecto o perfeccionamento sobre os aspectos científicos e didácticos, organizados polas administracións educativas que se atopen en pleno exercicio das súas competencias en materia educativa, por institucións sen ánimo de lucro que fosen homologadas polas administracións precitadas, así como os organizados polas universidades (0,10 puntos por cada 10 horas de cursos superados acreditados).

Ata 2 puntos

Copia compulsada da documentación alegada.

3.2. Por outras actividades de formación e perfeccionamento en materia educativa, incluída a impartición de cursos (0,10 puntos por cada 10 horas).

Ata 1 punto

3.3. Por actividades de formación específica directamente relacionadas co posto a que se pretende acceder (0,10 puntos por cada 10 horas).

Ata 3 puntos

4. Proxecto de traballo (máximo 6 puntos):

O proxecto de traballo deberá conter os obxectivos, planificación xeral, actividades, xustificación e definición a que corresponde a praza que se solicita.

(Puntuación mínima exixida por esta epígrafe: 4 puntos).

Ata 6 puntos

Orixinal, cunha extensión máxima de 20 folios.

ANEXO III

 DATOS DE IDENTIFICACIÓN

 CORPO A QUE PERTENCE     DISCIPLINA

 PRIMEIRO APELIDO      SEGUNDO APELIDO

 NOME        DNI            NRP

 ENDEREZO PARA OS EFECTOS DE NOTIFICACIÓN

 RÚA E N.º

   TFNO.

 LOCALIDADE

     CÓD. POSTAL

 DATOS DESTINOS

 CENTRO DE DESTINO DEFINITIVO 2011/2012   LOCALIDADE

 CENTRO DE DESTINO PROVISIONAL 2011/2012    LOCALIDADE

 PRAZAS QUE SOLICITA POR ORDE DE PREFERENCIA

Centro

Código
do corpo

Código da especialidade

En _____________________, _____ de ___________________ de 2012.

SINATURA DO/DA INTERESADO/A

DIRECTOR XERAL DE CENTROS E RECURSOS HUMANOS DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ANEXO IV

 PRIMEIRO APELIDO     SEGUNDO APELIDO

 NOME DNI NRP

Concepto

Puntuacións
parciais

Total

1. Antigüidade (máximo 5 puntos):

Por cada ano de servizo como funcionaria/o de carreira. Para estes efectos computaranse os servizos docentes previos recoñecidos conforme a Lei 70/1978.

0,50

2. Méritos académicos (máximo 2 puntos):

2.1. Polo título de doutor.

1

2.2. Titulacións segundo ciclo.

0,5

2.3. Titulacións primeiro ciclo.

0,25

3. Formación e perfeccionamento (máximo 6 puntos):

3.1. Por cursos superados que teñan por obxecto o perfeccionamento sobre os aspectos científicos e didácticos, organizados polas administracións educativas (0,10 puntos por cada 10 horas).

Ata 2 puntos

3.2. Por outras actividades de formación (0,10 puntos por cada 10 horas).

Ata 1 punto

3.3. Por actividades de formación específica directamente relacionadas co posto a que se pretende acceder (0,10 puntos por cada 10 horas).

Ata 3 puntos

4. Proxecto de traballo (máximo 6 puntos):