Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Xoves, 24 de maio de 2012 Páx. 19772

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 2012, do tribunal encargado de xulgar o proceso selectivo para o ingreso na clase de farmacéutico inspector de saúde pública, relativo á publicación das puntuacións definitivas do primeiro exercicio da fase de oposición, así como á realización en unidade de acto do segundo e terceiro exercicio do proceso selectivo convocado por Resolución do 27 de xullo de 2010 (DOG número 149, do 5 de agosto).

A base sexta da Resolución do 27 de xullo de 2010 (DOG n.º 149, do 5 de agosto), da Dirección de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso-oposición libre para o ingreso en diversas clases de persoal sanitario funcionario ao servizo da Comunidade Autónoma, incluído no ámbito de aplicación da Lei 17/1989, do 23 de outubro, prevé no seu punto 7 que tras a publicación da puntuación provisional do exercicio os/as interesados/as poderán presentar reclamación ante o tribunal no prazo de cinco días hábiles. A estimación ou desestimación das ditas reclamacións entenderase implícita na resolución pola que se publiquen as puntuacións definitivas do exercicio.

Transcorrido o prazo de reclamación, á vista das reclamacións presentadas e de conformidade coa mencionada base, o tribunal

RESOLVE:

Primeiro. Publicar as puntuacións definitivas do primeiro exercicio da fase de oposición obtidas polos/as aspirantes presentados á clase de farmacéutico inspector de saúde pública, no proceso selectivo convocado por Resolución da Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde do 27 de xullo de 2010 (DOG n.º 149, do 5 de agosto).

Segundo. O tribunal, por razóns de índole organizativa, decidiu executar en unidade de acto os exercicios segundo (supostos prácticos) e terceiro (lingua galega) da fase de oposición. O terceiro exercicio deberán realizalo aqueles aspirantes que, tendo superado o primeiro exercicio, figuren como non exentos na listaxe publicada en execución da Resolución do 8 de setembro de 2011, da Dirección de Recursos Humanos.

Terceiro. As listaxes a que se fai referencia na presente resolución poderán ser consultadas na páxina web do Servizo Galego de Saúde, e nos taboleiros de anuncios dos servizos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde.

Cuarto. Esta resolución poderá ser impugnada polos/as interesados/as nos termos previstos no número 3 da base oitava da citada convocatoria.

Santiago de Compostela, 9 de maio de 2012.

Ramón Martínez Blanco
Presidente do tribunal