Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Mércores, 23 de maio de 2012 Páx. 19545

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Boimorto

ANUNCIO de aprobación inicial da modificación número 1 do Plan Xeral de Ordenación Municipal deste concello.

O Pleno do Concello de Boimorto, en sesión ordinaria que tivo lugar o día 26 de abril de 2012, conforme o disposto nos artigos 93 e 85 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, acordou:

a) Aprobar inicialmente a modificación puntual n.º 1 do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Boimorto (non é necesario o sometemento á avaliación ambiental estratéxica) que afecta a redacción do artigo 75 para adaptación do Plan de Boimorto ao disposto na Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

b) En aplicación do artigo 77 da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, acordar a suspensión do procedemento de outorgamento de licenzas para plantación de especies forestais: eucaliptos e coníferas en predios clasificados de solo rústico de protección agropecuaria lindeiros con outros clasificados de solo rústico de protección forestal.

c) A suspensión do outorgamento de licenzas extinguirase, en todo caso, no prazo dun ano.

Esta modificación do Plan, con todos os documentos integrantes do expediente tramitado, sométese ao trámite de información pública por dous meses (contados desde o último anuncio) mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e en dous dos xornais de maior difusión de Galicia e dous dos xornais de maior difusión da provincia. Simultaneamente, e durante o mesmo prazo, daráselles audiencia aos municipios limítrofes.

Boimorto, 27 de abril de 2012.

José Ignacio Portos Vázquez
Alcalde