Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Mércores, 23 de maio de 2012 Páx. 19544

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Abegondo

ANUNCIO sobre a actividade dun centro de produción e distribución da raza galiña piñeira.

En cumprimento do disposto no número 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública o expediente que se tramita por solicitude de Juan Manuel Álvarez Llana, en representación da Fundación para o Avance Científico da Veterinaria (Acivega), de actividade para centro de produción e distribución da raza galiña piñeira na parroquia de Abegondo, neste termo municipal, durante o prazo de vinte días, contados a partir do seguinte ao da última publicación deste edicto no Boletín Oficial da provincia da Coruña e no Diario Oficial de Galicia, o expediente atópase á disposición do público nas oficinas municipais co fin de que aquel que se considere afectado pola actividade poida examinalo e deducir, se é o caso, as alegacións ou observacións que teña por conveniente.

Abegondo, 14 de maio de 2012.

José Antonio Santiso Miramontes
Alcalde