Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Mércores, 23 de maio de 2012 Páx. 19546

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Coles

ANUNCIO de información pública do Plan especial para a creación de solo urbano para equipamentos privados nas inmediacións da Lavandeira-Coles.

Aprobado inicialmente o Plan especial para a creación de solo urbano para equipamentos privados nas inmediacións da Lavandeira, tramitado por instancia de Antonio Torres Rodríguez e Amparo González Guerra, por Acordo da Xunta de Goberno Local do 7 de maio de 2012, de conformidade co artigo 86.1.a) da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese a información pública polo prazo dun mes, contando desde a última publicación no Diario Oficial de Galicia.

Durante o devandito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais, para que formule as alegacións que coide pertinentes.

Quedan suspendidas as licenzas naqueles ámbitos do territorio cuxas novas determinacións supoñan modificación da ordenación urbanística vixente.

Coles, 9 de maio de 2012.

Manuel Rodríguez Vázquez
Alcalde