Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 21 de maio de 2012 Páx. 19120

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

RESOLUCIÓN do 24 de abril de 2012, da Xerencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, pola que se fai pública a renuncia, por razóns de interese público, á contratación do servizo de apoio no estudo e supervisión de proxectos e seguimento das obras do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar (expediente CGSIB/002/11/SE).

Por Resolución da Xerencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar do 20 de abril de 2012 acordouse a renuncia, por razóns de interese público, a continuar co procedemento de contratación relativo ao servizo para o apoio no estudo e supervisión de proxectos e o seguimento das obras do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, aprobado mediante a Resolución do 7 de novembro de 2011, publicada no DOUE n.º 2011/S 218-355388, do 12 de novembro, DOG n.º 226, do 21 de novembro e BOE n.º 284, do 25 de novembro.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante os xulgados contencioso-administrativos no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da comunicación desta resolución, conforme o artigo 46.1 da Lei 28/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de poder exercer o recurso potestativo de reposición no prazo dun mes segundo o disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2012.

P.D. (Do Comité Directivo 9.12.2008, DOG do 31 de decembro)
Roberto Rodríguez Martínez
Xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar