Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 21 de maio de 2012 Páx. 19118

VI. Anuncios

b) Administración local

Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP)

ANUNCIO de adxudicación do contrato de alleamento dun vehículo propiedade da Fegamp.

De conformidade co acordo da Comisión Executiva da Fegamp, do 18 de abril 2012, por medio do presente anuncio convócase procedemento aberto para adxudicar o contrato de alleamento do vehículo propiedade da Fegamp, conforme os seguinte datos:

Entidade adxudicataria: Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp).

N.º de expediente: 2/2012.

Obxecto do contrato: alleamento do vehículo de propiedade da Fegamp, Audi A6, matrícula 9320 GVG.

Procedemento: aberto.

Garantía provisional: non se exixe.

Garantía definitiva: 5% do importe de adxudicación, IVE excluído.

Orzamento base de licitación: 28.140 euros á alza.

Obtención información e documentación: Secretaría da Fegamp.

Teléfono: 981 55 59 99. Fax: 981 56 22 03. Correo electrónico: secretaria.xeral@fegamp.org

Presentación de ofertas: 15 días naturais desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.

Documentación que hai que presentar: a exixida no prego de condicións administrativas.

Lugar de presentación: na sede Fegamp (r/ Varsovia, portal 4C-6.ª planta, CP 15707, Santiago de Compostela), persoalmente, por correo, por fax ou por correo electrónico.

Apertura de ofertas: na sede da Fegamp, de cuxa data se avisará aos licitadores.

Santiago de Compostela, 19 de abril de 2012.

José Manuel Rey Varela
Presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp)