Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 21 de maio de 2012 Páx. 19117

VI. Anuncios

b) Administración local

Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Sanxenxo

ANUNCIO de información pública sobre licenza para apertura dun servizo de autolavado de vehículos (expediente A-043/11).

Salvador Vidal Santos, S.L. solicitou desta presidencia licenza municipal para autolavado de vehículos (expediente A-043/11), no lugar de Vinquiño, 21, Padriñán. En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese o expediente a información pública por un prazo de vinte días mediante anuncio no DOG, no BOP e exposición no taboleiro de anuncios da Xerencia Municipal de Urbanismo, para que quen se considere afectado dalgún xeito pola actividade que se pretende establecer poida alegar o que considere oportuno.

O prazo de exposición pública entenderase aberto desde o día seguinte ao da publicación do primeiro anuncio e rematará transcorridos vinte días desde o día seguinte ao da publicación do último anuncio. O expediente encóntrase á disposición do público en xeral e pódese consultar na Xerencia Municipal de Urbanismo (rúa Cesteiros, 14-baixo, Sanxenxo), das 9.00 ás 14.00 horas.

Sanxenxo, 2 de maio de 2012.

Catalina González Bea
Presidenta da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Sanxenxo