Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 21 de maio de 2012 Páx. 19116

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Cibrao das Viñas

ANUNCIO de información pública sobre a aprobación inicial do Plan de canalización do río Barbaña e arroio de San Bieito.

O Pleno da Corporación, en sesión extraordinaria do 11 de maio de 2012, aprobou inicialmente o Plan de canalización do río Barbaña e arroio de San Bieito, redactado polo enxeñeiro Marcos Maderuelo Álvarez (equipo redactor Eptisa). De conformidade co artigo 86.1 a) da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese a información pública polo prazo dun mes, contado desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o devandito prazo, poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais, para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes ou para obter copias.

San Cibrao das Viñas, 14 de maio de 2012.

M. Pedro Fernández Moreiras
Alcalde