Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 21 de maio de 2012 Páx. 19115

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mos

ANUNCIO de aprobación inicial do Plan de canalización do río Louro.

Aprobado inicialmente por acordo do Pleno deste Concello do 28.3.2012, o Plan de canalización do río Louro, en Sanguiñeda, termo municipal de Mos, por medio deste anuncio exponse ao público co fin de que os interesados poidan consultalo nas oficinas municipais, e presentar as alegacións ou suxestións que se teñan por convenientes, por un prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

A documentación estará ao dispor dos veciños nas dependencias da Secretaría Xeral do concello, en horario de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas.

Mos, 23 de abril de 2012.

P.D.
Óscar Soto Abadín
Alcalde