Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 21 de maio de 2012 Páx. 19114

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mos

ANUNCIO de información pública sobre licenza solicitada por Cartonajes Pérez, S.L.

En cumprimento do disposto no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública o expediente 2011/365, tramitado por instancia de Cartonajes Pérez, S.L., para a concesión de licenza de apertura e funcionamento de fabricación de caixas e embalaxes de cartón, que se instalará na parcela B-2/B-4 do parque empresarial de Mos-Veigadaña, na parroquia de Petelos deste municipio. Durante o prazo de vinte días, contados a partir do seguinte ao da última publicación do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e Diario Oficial de Galicia, o expediente encóntrase á disposición do público nas oficinas municipais co fin de que quen se considere afectado pola actividade poida examinalo e deducir, de ser o caso, as alegacións e observacións que teña por convenientes.

Mos, 10 de abril de 2012.

Julia Loureiro Campo
Concelleira delegada de Urbanismo