En cumprimento do disposto no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública o expediente 2011/605, tramitado por instancia de Neón Arte Artesanos del Vidrio Hueco, S.L., para a concesión de licenza de apertura e funcionamento de taller de rotulación e oficinas, que se instalará na parcela P-19 do parque empresarial de Mos-Veigadaña, na parroquia de Petelos deste municipio. Durante o prazo de vinte días, contados a partir do seguinte ao da última publicación do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e Diario Oficial de Galicia, o expediente encóntrase á disposición do público nas oficinas municipais co fin de que quen se considere afectado pola actividade poida examinalo e deducir, de ser o caso, as alegacións e observacións que teña por convenientes.
Mos, 10 de abril de 2012.
Julia Loureiro Campo
Concelleira delegada de Urbanismo