Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 21 de maio de 2012 Páx. 19112

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Maside

ANUNCIO de información pública sobre licenza municipal para un bar restaurante dun garfo en Fonteboa.

Vila Mandicas, S.L. solicitou desta alcaldía licenza municipal para legalización, licenza de actividade e remate de local existente para uso de bar restaurante dun garfo, sito na N-541, números 13 e 15, da localidade de Fonteboa neste termo municipal. Cumprindo o disposto no artigo 8.1 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, no que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por período de 20 días hábiles, co fin de que durante este –que comezará a contar desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no DOG– poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretenden instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Maside, 26 de abril de 2012.

Celso Fernández López
Alcalde