Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 21 de maio de 2012 Páx. 19111

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Maside

ANUNCIO de información pública sobre apertura de restaurante dun garfo na rúa Rodríguez Soto.

Clara Peña Moure solicitou desta Alcaldía licenza municipal para apertura dun local sito na rúa Rodríguez Soto, número 12, baixo, da localidade de Maside neste termo municipal, para destinalo a restaurante dun garfo. Cumprindo o disposto no artigo 8.1 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días hábiles, co fin de que durante este –que comezará a contar desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no DOG– poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que de algún modo se consideren afectadas polas actividades que se pretenden instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Maside, 26 de abril de 2012.

Celso Fernández López
Alcalde