Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 21 de maio de 2012 Páx. 19110

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Guitiriz

ANUNCIO de información pública sobre licenza municipal para ampliación de explotación de vacún de leite (expediente 398/2012).

A Granxa Carlota, S.C. solicitou licenza municipal sometida á avaliación de incidencia ambiental, de conformidade co Decreto 133/2008, do 12 de xuño.

A actividade para a cal solicita licenza identifícase co rexistro de entrada número 398/2012, para ampliación de explotación de vacún de leite segundo proxecto técnico asinado polo enxeñeiro técnio agrícola Fernando Núñez Carballo, no lugar San Xoán de Lagostelle, antigo campo de aviación, polígono 258, parcela 830, concello de Guitiriz.

De acordo co disposto no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública polo período de vinte (20) días hábiles, co fin de que durante este –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no BOP e no Diario Oficial de Galicia– poidan examinar o expediente, na secretaría xeral, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretendan instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

O prazo de exposición pública computarase desde a última das publicacións oficiais sinaladas.

Guitiriz, 12 de marzo de 2012.

Xosé María Teixido Núñez
Alcalde