Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 21 de maio de 2012 Páx. 19109

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ferrol

ANUNCIO de aprobación das bases do XIX Premio Ricardo Carvalho Calero de investigación lingüística e creación literaria.

Bases do XIX Premio Ricardo Carvalho Calero de Investigación Lingüística e Creación Literaria.

O Pleno da Corporación Municipal deste concello, na sesión que tivo lugar o día 26 de marzo de 2012, entre outros, aprobou as bases do XIX Premio Ricardo Carvalho Calero de Investigación Lingüística e Creación Literaria.

Consultas: taboleiro de anuncios do Concello de Ferrol e na páxina web: www.ferrol.es

Información:

Negociado de Cultura tfno.: 981 94 41 80.

Prazo de presentación do 16 de abril ao 16 de xuño de 2012.

Ferrol, 2 de abril de 2012.

José Manuel Rey Varela
Alcalde