Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Venres, 18 de maio de 2012 Páx. 18855

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (809/2009).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 3 da Coruña fago saber que nos autos número 809/2009 se ditou sentenza cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

A Coruña, 24 de abril de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 (reforzo) da Coruña, ditou a presente resolución nos autos de procedemento sobre prestación de desemprego 809/2009, sendo demandante María Julia Calvete Zas, asistida polo letrado Sr. Páramo Sureda, e demandados o Servizo Público de Emprego Estatal (SPEE), coa representación da letrada do Estado Sra. Prosper Montalvo, e a empresa K´amisas, S.L. e (...).

Dispoño que debo estimar e estimo a demanda interposta por parte de María Julia Calvete Zas contra o Servizo Público de Emprego Estatal (SPEE) e contra a empresa K´amisas, S.L. e, en consecuencia, declaro o dereito daquela de percibir a prestación de desemprego recoñecida conforme a base reguladora diaria de 37,42 euros, con efectos desde o 19 de febreiro de 2009, e condeno o Servizo Público de Emprego Estatal ao anticipo do seu aboamento, sen prexuízo do seu dereito de reintegro con cargo á empresa K´amisas, S.L., a cal é responsable, por infracotización, pola diferenza entre a base reguladora fixada e a recoñecida a través da presente sentenza.

Notifíqueselles a presente sentenza ás partes.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá ser anunciado no prazo dos 5 días seguintes á notificación desta sentenza.

Así o pronuncio, mando e asino. Ana Rodríguez Piorno, asinado».

Publicada no día da súa data.

E para que sirva de notificación á demandada K’amisas, S.L., en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no DOG e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 26 de abril de 2012.

A secretaria xudicial