Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Venres, 18 de maio de 2012 Páx. 18857

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 24 de abril de 2012, da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, pola que se dispón a suspensión provisional da inscrición no Rexistro Galego de Axentes de Cooperación e apertura do trámite de audiencia previo á cancelación definitiva da inscrición en relación a dous expedientes PR805A.

Antecedentes:

No DOG do 25 de maio de 2011 publícase o Decreto 90/2011, do 5 de maio, polo que se modifica o Decreto 326/2004, do 29 de decembro, polo que se regulan os órganos de coordinación e asesoramento en materia de cooperación para o desenvolvemento e polo que se crea o Rexistro Galego de Axentes de Cooperación para o desenvolvemento. O Decreto entrou en vigor o 17 de xuño de 2011.

A disposición transitoria deste decreto establece para todos os axentes de cooperación a obriga de adecuar a súa inscrición no rexistro nos seis meses seguintes á súa entrada en vigor.

Neste tempo remitíuselle información, a cada un dos axentes inscritos neste rexistro, dos datos que constaban nesta Administración mediante unha ficha individualizada da entidade inscrita. Información que nos expedientes que nos ocupan non foron actualizados seus datos, ou non puideron ser notificados, nos domicilios e nas circunstancias, que constan no anexo desta resolución.

Fundamentos de dereito:

A Lei 3/2003, do 19 de xuño, de cooperación para o desenvolvemento establece no seu artigo 23 os axentes de cooperación.

O Decreto 326/2004, do 29 de decembro, polo que se regulan os órganos de coordinación e asesoramento en materia de cooperación para o desenvolvemento e polo que se crea o Rexistro Galego de Axentes de Cooperación para o Desenvolvemento, modificado polo Decreto 90/2011 (desde agora Decreto 90/2011) establece no seu artigo 13.1 que a inscrición no rexistro é voluntaria.

O artigo 19 do Decreto 90/2011 establece a obriga de comunicar ao rexistro calquera alteración dos datos rexistrados e di que a falta de comunicación da modificación dos datos inscritos a que se refire o artigo 16 deste decreto –entre os que se atopa a modificación do domicilio social ou da súa delegación permanente en Galicia– , terá como efecto a suspensión provisoria da inscrición, que podería derivar en cancelación definitiva, previo trámite de audiencia de acordo co previsto no artigo seguinte.

O artigo 20 do Decreto 90/2011 establece que a inscrición dun axente de cooperación ao desenvolvemento poderá ser cancelada, por instancia de parte interesada ou de oficio, entre outros, nos seguintes casos:

d) Por incumprimento da obriga de comunicar e acreditar calquera modificación da documentación achegada para a inscrición rexistral, de conformidade co disposto no artigo 15 deste decreto.

De acordo co indicado e á vista da lexislación aplicable,

RESOLVO:

Proceder á suspensión provisoria da inscrición das entidades relacionadas no anexo deste oficio, concedéndolles un trámite de audiencia de 15 días co fin de que poidan alegar e presentar os documentos e xustificacións que consideren pertinentes, e comunicándolles que, en caso de non facelo, procederá a cancelación definitiva da inscrición da súa entidade.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes contado desde a recepción desta notificación.

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2012.

Jesús María Gamallo Aller
Director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea

ANEXO

Sección e n.º

Denominación

1.ª Notificación e causas

2.ª Notificación e causas

Data da última comunicación oficial ao Rexistro

ONGD102

Asociación Fisioterapeutas del Mundo-España F.M.E.

15.7.2012

Notificado

Avda. Campus A Xunqueira. Fisioterapia

Pontevedra

20.1.2012

7.3.2012

Non devolto o documento nin o xustificante

Avda. Campus A Xunqueira-Fisioterapia

Pontevedra

7.10.2002

EMP. 022

Habitaq Consultoría de Desenvolvemento Sostible, S.L.

6.9.2011

Ausente de repartición

Rúa Balneario do Tremo 8, 3.º C

15280 Brión

20.1. 2012

Ausente de repartición

Rúa Balneario do Tremo 8, 3.º C

15280 Brión

8.6.2010