Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Venres, 18 de maio de 2012 Páx. 18854

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (671/2009).

María Mercedes Santos García, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que no procedemento de demanda 671/2009, seguido neste xulgado, se ditou a sentenza que no seu encabezamento e decisión é do teor literal seguinte:

«Na Coruña. o sete de marzo de dous mil doce. Vistos por Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 (reforzo) da Coruña e o seu partido, os presentes autos de xuízo n.º 671/2009 seguidos por instancia de Manuel Jesús Vidal Rodríguez, representado pola letrada Sra. Gómez Lozano, contra a empresa María Carmen Garrido Haz, que non comparece, versando a litis sobre reclamación de salarios.

Decido que estimando integramente a demanda formulada por Manuel Jesús Vidal Rodríguez, representado pola letrada Sra. Gómez Lozano, contra a empresa María Carmen Garrido Haz, que non comparece, debo condenar e condeno a demandada a aboar á demandante a suma de 3.009,63 euros, incrementada cos xuros moratorios pertinentes. Notifíqueselles esta sentenza ás partes e advírtaselles que contra ela poderán interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivo. Advírtaselle igualmente ao recorrente que non for traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros (art. 229 Lei 36/2011, do 11 de outubro, reguladora da xurisdición social) na conta aberta na entidade Banesto a nome deste xulgado».

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa María Carmen Garrido Haz, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 26 de abril de 2012.

A secretaria xudicial