Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Martes, 15 de maio de 2012 Páx. 18468

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Gudiña

ANUNCIO de información pública relativa a un punto limpo.

A Deputación Provincial de Ourense solicita licenza municipal para legalización dunhas instalacións dedicadas a punto limpo, na paraxe da Airiña, neste termo municipal.

En cumprimento do disposto polo artigo 8.1 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, en que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese o expediente a información pública polo período de vinte días hábiles, a fin de que durante ese prazo –que empezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente anuncio no DOG e no Boletín Oficial da provincia–, poida ser examinado na Secretaría deste concello polas persoas que, dalgún xeito, se consideren afectadas pola actividade que se pretente instalar e formular, por escrito, as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

A Gudiña, 23 de abril de 2012.

Guillermo Lago Pérez
Alcalde