Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Martes, 15 de maio de 2012 Páx. 18465

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto de Estudos do Territorio

RESOLUCIÓN do 8 de maio de 2012 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto non suxeito a regulación harmonizada, para o desenvolvemento de novas funcionalidades e adaptación de ferramentas SIX no Xeoportal de indicadores do proxecto Desourb, financiado nun 75% polo Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (POCTEP).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Instituto de Estudos do Territorio.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Xestión Xurídico-Administrativa.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Xestión.

2) Domicilio: San Lázaro, s/n.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15707.

4) Teléfono: 981 54 17 67.

5) Telefax: 981 54 17 57.

6) Correo electrónico: xestion.iet@xunta.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

8) Data límite de obtención de documentación e información: ata as 14.00 horas do décimo quinto día natural contado a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: desenvolvemento de novas funcionalidades e adaptación de ferramentas SIX no Xeoportal de indicadores do proxecto Desourb.

c) Prazo de execución: cinco (5) meses.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 72262000-9.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: oferta economicamente máis vantaxosa tendo en conta os múltiples criterios contidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: 152.500,00 €.

5. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 152.500,00 €. Importe total: 179.950,00 €. Financiado nun 75% polo Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (POCTEP).

6. Garantías exixidas: definitiva: 5% do orzamento de adxudicación.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: a establecida no prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a establecida no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do décimo sexto día natural contado a partir do día seguinte ao da publicación no presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. En caso de que ese día coincida en sábado ou día inhábil na localidade da entidade adxudicadora, este prazo prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a que establece o prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (San Lázaro, s/n. 15707 Santiago de Compostela) dirixido ao Instituto de Estudos do Territorio, ou ben nas oficinas de correo postal dentro do prazo de admisión, conforme o disposto no artigo 80.4 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas.

a) Descrición: apertura pública.

b) Enderezo: sala de xuntas da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, en San Lázaro, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.

d) A data e a hora: publicaranse no perfil do contratante a data e a hora da apertura dos sobres B e C.

10. Gastos de publicidade: o importe dos gastos de publicidade será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2012.

Manuel Borobio Sanchiz
Director do Instituto de Estudos do Territorio