Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Martes, 15 de maio de 2012 Páx. 18469

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lalín

ANUNCIO de información pública (expediente 6146/12).

Damián López Pérez (expediente 6146/12) presentou neste concello solicitude de licenza de acondicionamento dun local para centro de fisioterapia, sito na rúa C, número 43, baixo 1, deste municipio de Lalín.

De conformidade co disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública o expediente referido durante un prazo de vinte días contados desde o día seguinte ao da publicación deste edicto, para os efectos de que se poida examinar o expediente no Departamento de Urbanismo deste concello e formulen os interesados as alegacións que consideren convenientes.

Lalín, 30 de marzo de 2012.

Xosé Crespo Iglesias
Alcalde