Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Martes, 15 de maio de 2012 Páx. 18470

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de información pública (expedientes 844/426 e 845/426).

CB García Barbón solicitou da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo licenza de obras de acondicionamento e licenza de actividade para unha clínica veterinaria, que se situará na rúa Alfonso XIII n.º 9, baixo dereita (expedientes 844/426 e 845/426).

De conformidade co artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométense os expedientes a información pública por un prazo de vinte días mediante anuncio no DOG, BOP e exposición no taboleiro de anuncios da Xerencia Municipal de Urbanismo, para que as persoas que se consideren afectadas dalgún xeito pola actividade que se pretende establecer poidan alegar o que consideren oportuno.

O prazo de información pública entenderase aberto desde o día seguinte ao da publicación do primero anuncio e rematará unha vez transcorridos vinte días desde o día seguinte á publicación do derradeiro anuncio. Os expedientes están á disposición do público en xeral e pódense consultar na oficina de información da Xerencia Municipal de Urbanismo (planta baixa do edificio da Xerencia, sito na praza do Rei, 4, Vigo).

Vigo, 18 de abril de 2012.

M.ª del Carmen Silva Rego
Concelleira delegada da Área de Urbanismo, Cascos Históricos e Grandes Proxectos