Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Martes, 15 de maio de 2012 Páx. 18471

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Federación Galega de Piragüismo

ANUNCIO de modificación de estatutos.

Tras ser aprobada a modificación de estatutos en asemblea xeral extraordinaria da Federación Galega de Piragüismo, do 21 de xaneiro de 2012, para adaptación á Orde do 8 de setembro de 2010, e ratificada pola Secretaría Xeral para o Deporte en Resolución do 1 de marzo de 2012, pola que se establecen os criterios para a elaboración dos regulamentos e realización dos procesos electorais nas federacións deportivas galegas, de conformidade coa Lei 11/1997, xeral do deporte de Galicia, co Decreto 216/1997 e demais normativa aplicable, procédese ao anuncio da modificación dos artigos 6, 7, 18, 19, 26, 38, 45, 53, 56, 60, 67, 72, 73, 80 e 84, e deposítase copia íntegra deles no Rexistro de Asociacións Deportivas e Deportistas de Galicia e na Secretaría Xeral para o Deporte.

Pontevedra, 12 de marzo de 2012.

José Alfredo Bea García
Presidente da Federación Galega de Piragüismo