Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Martes, 15 de maio de 2012 Páx. 18348

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (562/2011).

Elena María Varela Luaces, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 562/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Carlos Blanco Ramos contra as empresas Efcal, S.L., Sermigal, S.L., Compostela Boaire, S.L., e o Fondo de Garantía Salarial sobre despedimento, ditouse a seguinte sentenza de 16.4.2012, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Que estimo parcialmente a demanda interposta por Carlos Blanco Ramos fronte ás mercantís Efcal, S.L., Sermigal, S.L.U., Compostela Boaire, S.L., fronte ao administrador concursal Rafael González del Río e fronte ao Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) e, en consecuencia, declaro extinguida a relación laboral a día de hoxe, e condeno a mercantil demandada a que aboe ao demandante a cantidade de 31.109,50 euros en concepto de indemnización, así como o seu dereito a percibir, en concepto de salarios, a cantidade de 17.425,09 euros, máis o 10% desta última cantidade por demora no seu pagamento, e condeno as mercantís Efcal, S.L., Sermigal, S.L.U. e Compostela Boaire, S.L. a aterse a esta declaración, debendo responder das devanditas cantidades Rafael González del Río, na súa soa condición de administrador concursal.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución abondando a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Advírteselle á empresa demandada que para interpoñer o recurso deberá acreditar ter ingresado na conta de consignacións deste xulgado, o importe da condena ou aval bancario solidario e 150,25 euros en concepto de depósito, sen cuxo requisito non será admitido a trámite o recurso, e quedará firme a sentenza.

Así o acordo, mando e asino».

E para que sirva de notificación en legal forma a Compostela Boaire, S.L., en paradoiro descoñecido, expido esta para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2012.

A secretaria xudicial