Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Martes, 15 de maio de 2012 Páx. 18346

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1061/2009).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que nos autos número 1061/2009, seguidos por instancia de André Filipe Teixeira Alves contra Instalaciones Miño, S.L., Juan Manuel Pazos Vázquez e Mónica Fernández Castro, en reclamación por ordinario, ditouse auto de aclaración de sentenza, cuxo antecedente e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Auto.

A Coruña, 24 de abril de 2012.

Antecedentes de feito.

Único. O día 26 de marzo de 2012 ditouse sentenza neste procedemento.

Despois de presentar neste xulgado, o pasado día 2 dos correntes, a representación de André Filipe Teixeira Alves, escrito en que se solicita a aclaración do ditame da resolución de referencia, cómpre acceder ao pedido.

Parte dispositiva.

Que debo acordar e acordo a aclaración da sentenza do 26 de marzo de 2012 ditada neste procedemento no significado seguinte:

Que no feito segundo dos feitos probados da referida sentenza se engada un segundo parágrafo co seguinte contido:

“A empresa Instalaciones Miño, S.L. non aboou a André Filipe Teixeira Alves a cantidade de 5.204,64 euros correspondente ás 336 horas extraordinarias realizadas desde xullo de 2008 ata maio de 2009”.

Que no ditame da referida sentenza se substitúa a cantidade de 1.554,03 euros pola suma de 6.758,67 euros e iso con mantemento inalterado do resto do seu contido.

Contra este auto non cabe recurso ningún.

Así o acorda, manda e asina Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, en funcións de reforzo.

Ana Rodríguez Piorno, asinado. Ante min, Marta Yanguas del Valle, asinado».

E para que sirva de notificación a Instalaciones Miño, S.L., Juan Manuel Vázquez Vázquez e Mónica Fernández Castro, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 24 de abril de 2012.

A secretaria xudicial