Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Luns, 14 de maio de 2012 Páx. 18230

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Teixeira

ANUNCIO de aprobación inicial do Plan Xeral de Ordenación Municipal deste concello.

Aprobado inicialmente o Plan Xeral de Ordenación Municipal por acordo do Pleno do 29 de marzo de 2012, de conformidade cos artigos 85.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, e 7 da Lei 6/2007, do 11 de maio, de medidas urxentes en materia de ordenación do territorio e litoral de Galicia, sométese a información pública polo prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o devandito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes.

Quedan suspendidas as licenzas para as seguintes áreas:

– Licenzas de parcelacións de terreos, edificacións e demolicións nos ámbitos do territorio en que as novas determinacións recollidas no PXOM supoñan unha modificación substancial da normativa urbanística vixente.

– Todo o solo afectado pola protección de infraestruturas do trazado das vías locais, provinciais e autonómicas.

– Solo clasificable como urbanizable (tanto residencial como industrial comercial).

– Solo clasificado como zona verde.

– Todas as zonas clasificadas como solo rústico de protección de espazos naturais.

– Todo o solo previsto como equipamento ou dotacional, agás que sexa iniciativa municipal, provincial, autonómica ou estatal.

– Todo o solo clasificado como edificable no proxecto de ordenación do medio rural vixente, que o novo planeamento pasa a clasificar como solo rústico con algún tipo de protección.

A duración da suspensión é de dous anos, contados desde a aprobación inicial, e en calquera caso, extinguirase coa aprobación definitiva do planeamento.

A Teixeira, 23 de abril de 2012.

Miguel Antonio Cid Álvarez
Alcalde