Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Luns, 14 de maio de 2012 Páx. 18229

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Silleda

ANUNCIO de información pública sobre legalización de actividade para taller de reparación de vehículos na rúa Campo de Arriba, n.º 3, baixo.

José Taín Taboada presentou neste concello solicitude para a legalización de actividade para taller de reparación de vehículos, na rúa Campo de Arriba, n.º 3, baixo (Silleda). En cumprimento do disposto no artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese o expediente a exposición pública durante o prazo de vinte días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. O expediente estará exposto no taboleiro de anuncios do concello e poderá consultarse no Departamento de Urbanismo deste concello os días laborables das 9.00 ás 14.00 horas, todo iso para os efectos de posibles reclamacións.

Silleda, 19 de abril de 2012.

Paula Fernández Pena
Alcaldesa presidenta