Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Luns, 14 de maio de 2012 Páx. 18227

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO de licitación para a adxudicación, mediante concurso, da xestión indirecta do servizo público municipal de recolla, retirada, transporte, inmobilización, depósito e custodia de vehículos e outros obstáculos das vías públicas.

Resolución do 23 de xaneiro de 2012 pola que se anuncia a licitación para a adxudicación, mediante concurso, da xestión indirecta do servizo público municipal de recolla, retirada, transporte, inmobilización, depósito e custodia de vehículos e outros obstáculos das vías públicas.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedra. Rúa Michelena, 30, 36071 Pontevedra. Órgano de contratación: Xunta de Goberno Local.

2. Obxecto:

a) A prestación do servizo público municipal de recolla, retirada, transporte, inmobilización, depósito e custodia de vehículos e outros obstáculos das vías públicas, mediante concesión administrativa.

b) Duración: desde a data da resolución da Alcadía pola que se autoriza a posta en funcionamento da xestión do servizo polo concesionario ata o 31 de decembro de 2018, prorrogable por períodos dun ano ata un máximo de tres anos máis.

c) Lugar: Pontevedra.

3. Procedemento e forma: aberto con varios criterios de adxudicación.

4. Orzamento de licitación: 570.936,60 euros anuais que, considerando o número total de anos posibles, se eleva a 6.280.302,60 euros.

5. Garantías. Provisional: non. Definitiva: 5% do importe anual estimado (28.546,83 euros).

6. Obtención de documentación e información: Servizo de Contratación. Rúa Michelena, 30. Pontevedra 36071. Tfno. 986 80 43 00, fax: 986 86 25 90.

7. Presentación de ofertas: o prazo para presentar proposicións será de vinte e seis (26) días hábiles seguintes ao da publicación do último anuncio de licitación (Boletín Oficial da provincia, Diario Oficial de Galicia ou perfil).

8. Criterios de adxudicación e apertura das ofertas: cláusula 38 do prego.

9. Gastos: cláusula 23 do prego.

Pontevedra, 23 de xaneiro de 2012.

Raimundo González Carballo
Concelleiro de Goberno