Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Luns, 14 de maio de 2012 Páx. 18226

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontedeva

ANUNCIO de aprobación inicial do Plan Xeral de Ordenación Municipal deste concello.

Aprobado inicialmente o Plan Xeral de Ordenación Municipal por acordo do Pleno do 4 de abril de 2012, de conformidade co artigo 85.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese a información pública polo prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da última publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e nos xornais Faro de Vigo e La Voz de Galicia.

Durante o dito prazo poderá ser examinado por calquera interesado, nas dependencias municipais, para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes.

Así mesmo, acordouse suspender o otorgamento de licenzas en todo o termo municipal de Pontedeva, sen prexuízo de que se poidan dar aquelas licenzas que supoñan obras de mera conservación. Non obstante, con carácter excepcional, o alcalde, en atención ás circunstancias que concorran e sempre que non se trate de ámbitos do territorio obxecto de planeamento cunhas novas determinacións que supoñan a modificación da ordenación urbanística vixente, poderá acordar a concesión daquelas licenzas cuxa compatibilidade coas determinacións Plan Xeral de Ordenación Municipal sexa incuestionable. A duración da suspensión inicial, en calquera caso, extinguirase coa aprobación definitiva do planeamento.

Pontedeva, 16 de abril de 2012.

Juan Carlos González Carbajales
Alcalde