Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Luns, 14 de maio de 2012 Páx. 18225

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de corrección de erros (expediente As-19/2012).

En relación co expediente relativo aos servizos bibliotecarios complementarios para o Sistema Municipal de Bibliotecas da Coruña, publicado no DOG do 20 de abril de 2012, páxina 14670, comunícase que por Resolución do 4 de maio de 2012 se emenda erro detectado na relación do persoal que se vai subrogar, de forma que se suprime o traballador número 52 por non existir obriga da súa subrogación.

Segundo o artigo 75 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos, o prazo de presentación de ofertas será de 15 días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 8 de maio de 2012.

P.D.
Rosa María Gallego Neira
Tenente de alcalde responsable de Facenda e Administración Pública