Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Luns, 14 de maio de 2012 Páx. 18232

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Verín

ANUNCIO de licitación.

De conformidade co Decreto da Alcaldía do 8 de maio de 2012, por medio do presente anuncio efectúase convocatoria do procedemento aberto, oferta economicamente máis vantaxosa, varios criterios de adxudicación, para a adxudicación do contrato de servizo para o desenvolvemento da Oficina Xestora de Rehabilitación para os ámbitos do Casco Vello e Barrio de San Lázaro do Concello de Verín, conforme os seguintes datos:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Verín.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Número de expediente: SEC 2012/89.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: desenvolvemento da Oficina Xestora de Rehabilitación para os ámbitos do Casco Vello e Barrio de San Lázaro do Concello de Verín.

CPA: 74.84.16 - CPV: 74100000-0 e 74200000-1.

b) Lugar de execución: concello de Verín

c) Duración: un ano.

d) A execución do contrato comprende a execución de obras: non.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Orzamento: 94.200,00 € máis 16.956,00 € de IVE; dando un total de 111.156,00 €.

4. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Verín.

b) Domicilio: praza do Concello, 1.

c) Localidade e código postal: Verín, 32600.

d) Teléfono: 988 41 00 00.

e) Fax: 988 41 19 00.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ás 14.00 horas do último día de presentación de ofertas. Se este fose sábado, domingo ou festivo, prorrogaríase ao día seguinte hábil distinto de sábado.

5. Requisitos específicos do contratista: os establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

6. Criterios de valoración das ofertas: os que figuran na base 26 do prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Presentación das ofertas.

a) Prazo de presentación: 15 días naturais que se contarán desde a última publicación.

b) Documentación para presentar: a establecida na base 23 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Verín.

8. Apertura das ofertas: ás 12.00 horas do día seguinte ao do vencemento do prazo de presentación de proposicións, agás no suposto de proposicións remitidas por correo e non recibidas, caso en que se constituirá o día seguinte ao da recepción de todas as así presentadas.

Se o día previsto coincidise con sábado, domingo ou festivo, entenderase trasladado ao primeiro día hábil seguinte.

9. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

10. Perfil de contratante onde figuran as informacións relativas á convocatoria e onde se poden obter os pregos: www.depourense.es e www.verin.es

Verín, 8 de maio de 2012.

Juan Manuel Jiménez Morán
Alcalde