Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Venres, 11 de maio de 2012 Páx. 17754

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 2 de abril de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Bóveda (expediente IN407A 2011/132-2, 7968 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Asistencia Integral Personalizada, S.L.

Domicilio social: avda. de Monforte, 21, 1.º, 27500 Chantada, Lugo.

Denominación: C.T. para residencia de discapacitados e centro de día.

Situación: concello de Bóveda.

Características técnicas:

– C.T. prefabricado tipo PFU-5, no cal se instala unha cela de liña, unha de protección e unha de medida, cunha potencia de 400 kVA e unha relación de transformación de 20.000 V/400-230 V.

– C.S. en edificio prefabricado tipo PFU-5, con entrada independente para a compañía distribuidora, no cal se instalan tres celas de liña.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE n.º 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada, ante o conselleiro de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Lugo, 2 de abril de 2012.

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo