Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Venres, 11 de maio de 2012 Páx. 17756

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 16 de abril de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Chantada (expediente IN407A 2011/120-2, 7957 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle, Ourense.

Denominación: L.M.T. e C.T. Juan XXIII.

Situación: concello de Chantada.

Características técnicas:

– L.M.T.S. a 20 kV consistente en anelar na liña CHA804 o C.T. proxectado entre o C.T. Ribeira Sacra e o C.T. avda. de Monforte, 14, cunha lonxitude de 36 metros en condutor R.H.Z.1-240.

– C.T. Juan XXIII en edificio non prefabricado de manobra exterior, cunha potencia de 400 kVA e unha relación de transformación de 20.000 V/400-230 V.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE n.º 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada, ante o conselleiro de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución. Tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Lugo, 16 de abril de 2012.

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo