Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Venres, 11 de maio de 2012 Páx. 17758

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 18 de abril de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Monforte de Lemos (expediente IN407A 2012/4-2, 7973 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle (Ourense).

Denominación: L.M.T., C.T. Chantada 2.

Situación: concello de Monforte de Lemos.

Características técnicas:

– L.M.T.S. a 20 kV consistente en anelar na liña MOF806 o C.T. proxectado na r/ Chantada n.º 2, entre o C.T. Berao e o C.T. Tomás Vázquez, cunha lonxitude de 126 metros, en condutor R.H.Z.1-240.

– C.T. r/ Chantada n.º 2, en edificio non prefabricado de manobra exterior, cunha potencia de 400 kVA e unha relación de transformación de 20.000 V/400-230 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 18 de abril de 2012.

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo