Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Venres, 11 de maio de 2012 Páx. 17753

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 22 de marzo de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello da Coruña (expediente IN407A 11/2011).

Advertidos erros na resolución publicada no Diario Oficial de Galicia, número 76, do 20 de abril de 2012, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 14622, onde di: «Liña eléctrica de media tensión subterránea a 15 kV, cunha lonxitude de 0,018 km, coa orixe na L.M.T.S. EPU-705 Sirena entre o C.T. San Fernando e o C.T. Vereda do Polvorín, condutor tipo 2 R.H.Z.1-2OL-12-720 kV-3 (1×240 Al) e final en empalmes que se realizarán na L.M.T.S. EPU-705 Sirena entre o C.T. San Fernando e o C.T. Vereda do Polvorín, despois de realizar entrada e saída no C.T. San Fernando 9, proxectado. Concello da Coruña».

Debe dicir: «Liña eléctrica de media tensión subterránea a 15 kV, cunha lonxitude de 0,018 km, coa orixe na L.M.T.S. EPU-705 Sirena entre o C.T. San Fernando e o C.T. Vereda do Polvorín, condutor tipo 2 R.H.Z.1-2OL-12-720 kV-3 (1×240 Al) e final en empalmes que se realizarán na L.M.T.S. EPU-705 Sirena entre o C.T. San Fernando e o C.T. Vereda do Polvorín, despois de realizar entrada e saída no C.T. San Fernando 9, proxectado.

Centro de transformación non prefabricado, cunha potencia de 400 kVA e unha relación de transformación de 15.000/400-230 V. Concello da Coruña».