Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Xoves, 10 de maio de 2012 Páx. 17612

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Aranga

ANUNCIO de exposición pública do Plan Xeral de Ordenación Municipal.

De conformidade co artigo 85 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, ponse en coñecemento dos interesados que o Pleno Municipal do Concello de Aranga, na sesión que se realizou o día 10 de abril de 2012, aprobou o Plan Xeral de Ordenación Municipal, con carácter previo á aprobación provisional, así como o informe de sustentabilidade ambiental que se integra nel e as propostas de convenios urbanísticos que forman parte del.

O que se expón ao público durante o prazo de dous meses, que se contará a partir do día seguinte ao da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para os efectos de que se poida examinar o expediente e presentar as alegacións e as reclamacións que se coiden pertinentes.

Aranga, 16 de abril de 2012.

Alberto Platas Álvarez
Alcalde